Antonia Dell’Atte en Land Rober Tunai

A presentadora e modelo Antonia Dell’Atte aterra este xoves no ‘Land Rober Tunai Show’ para enfrontarse ao reto da súa vida. Que lle estará agardando á italiana máis carismática e glamourosa? Os espectadores deben estar moi atentos porque isto pode ser a revolución.

O programa tamén terá unha visita real porque volve o grandísimo rei emérito! A súa maxestade volve para dar que falar porque se recrearán as súas vacacións en Sanxenxo.

Ademais, o espazo da TVG contará esta semana coa presenza do actor Víctor Fábregas. E por se isto fose pouco, ‘O Land Rober Tunai Show’ chegará, un xoves máis, cos mellores xogos e retos a cargo de Roberto Vilar e Eva Iglesias.

Deja un comentario